BookSense
Shadows

Shadows

de E. H. Gombrich

Première publication en 1995 · 64 pages · environ 1 heure de lecture

Aussi en Kindle · Livre audioTrouver en bibliothèque

À propos de ce livre

Xa pechado o libro, o lector sente roldar aínda as diferentes sombras que o acompañaron ó longo de tan peculiar viaxe: netas e ben definidas unhas; trémulas, desdebuxadas, outras; volumétricas nas pinturas de Masaccio e inquedantes nas obras de Giorgio de Chirico; teatrais as caravaggiescas; fascinantes, sempre, en Rembrandt.

O libriño lese dun tirón e coa mesma fruición ca cando nos mergullamos nas páxinas da súa célebre Historia da Arte, certeiramente descrita por Neil MacGregor, director da National Gallery, como “o mapa dun inmenso país, co cal sentín a confianza de podelo explorar sen temor a extraviarme”. A brevidade e beleza do volume non pode senón traerme á mente a frase de Corot: “Experimentei esta mañá un pracer extraordinario ó ver de novo un cadriño meu. Non había nada nel, pero era encantador e estaba como pintado por un paxaro”. (From Revista Galega do Ensino, 17 (November 1997)

Livres similaires à Shadows

Autres livres de E. H. Gombrich

Livres de E. H. Gombrich →